Event finished

Tickets for Pablo Díaz Tic Tac Toc

Pablo Díaz Tic Tac Toc

Additional info

Pablo Díaz Tic Tac Toc

  • 29 sep 2017
  • Fórum Metropolitano, A Coruña show map
Event information

Pablo Díaz promete encher o Auditorio do Ágora o vindeiro 29 de setembro a partir das 18.00 horas con boa música e moita diversión para toda a famila cos temas do seu traballo Tic Tac Toc. 

A actividade está recomendada para crianzas maiores de 4 anos acompañadas dunha persoa adulta. É necesaria a inscrición tanto para a crianza como para a acompañante.

Pablo Díaz é un prestixioso músico coruñés, que debutou co seu primeiro traballo discográfico TIC TAC, en decembro de 2009 e co que acadou un éxito espectacular en Galicia, xa que a primeira edición do traballo esgotouse en 3 meses, e está xa tamén esgotada a 4ª edición do traballo.

Con este traballo resultou un dos 3 finalistas nos premios galegos da música Martín Códax. Foi o gañador do premio "Anisia Miranda á creatividade infantil" en 2011.

En novembro de 2013, ve a luz o segundo traballo, TOC TOC, da editorial Galaxia, que xa tivo que ser reeditado en febreiro de 2014 e do que van vendidos máis de 4000 libro-discos

En decembro de 2014, presenta o seu novo traballo máis íntimo e dedicado ao público de menor idade: "Xente Miúda, moita fartura", apostando nesta ocasión pola autoprodución e por contar coa colaboración de Tito Calviño e Carmen Rey.

O seu último traballo, "Tic tac toc" publicouse a través da editorial Galaxia no Nadal de 2016.

Could be of your interest...