Bilhetes para Os Bolechas. Amigo Monte

Os Bolechas. Amigo Monte

Informação adicional

Os Bolechas. Amigo Monte

  • 30 jun 2018
  • 18:30h (CEST) Europe/Madrid
  • Centro Cívico Municipal Mallos, A Coruña mostrar mapa
Informação do evento

Os Bolechas chegan a unha suposta fraga para ver animais e respirar aire puro. Pero o lugar está cheo de lixo e contaminación. Alí atopan un personaxe pouco amigable, ao que só lle preocupan os cartos e a tecnoloxía. Ata que os Bolechas -coa axuda do público- lle fan ver a necesidade de manter limpos os bosques e coidar o medio no que vivimos. 

Unha vez máis Os Bolechas botan man dunha proposta divertida que ten, á súa vez, un compoñente didáctico moi vinculado á nosa comunidade e aos intereses que defende sempre a popular familia, neste caso o medioambiente. Para iso afóndase na necesidade de manter unha contorna natural coidada e en boas condicións incidindo nas principais medidas a tomar para evitar os graves problemas que ameazan o noso medio actualmente. 

De xeito transversal, como é habitual, trataranse cuestións moi próximas a esta, como é o traballo en equipo, a colaboración, fomento de prácticas saudables e, por suposto, habilidades lingüísticas en galego, de forma que o idioma sexa o eixo a través do que se configura todo o universo de diversión que levan aparelladas as iniciativas dos Bolechas.

O espectáculo mistura o formato de monicreques manipulados por actores á vista con actores reais. Aínda que os verdadeiros protagonistas da historia son, como é habitual, as nenas e nenos que participan na actividade, especialmente pensada para estudantes de educación infantil e primaria.

A duración media da función está arredor dos 60 minutos e está destinado a crianzas maiores de 3 anos até os 9.

A actividade está organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística dentro da Rede de Dinamización Lingüística e nela colabora o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña

Pode ser do seu interesse ...