Event finished

Tickets for Mamá Cabra: Paxaro Amigo Músicas para a Paz

Mamá Cabra: Paxaro Amigo Músicas para a Paz

Additional info

Mamá Cabra: Paxaro Amigo Músicas para a Paz

Event information

Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle picores por todo o corpo dende o cocote ata a punta do pé.

Discordia disfruta facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. E come olivas como unha tola... Menos mal que ten unha curmá fada … pois xa se sabe que na familia haiche de todo.

Un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre.

 “Que todos nun pispás,

compartan cos demais,

dando amor ao redor,

que en paz se vive … mellooooooorrrrrr.”

 O novo espectáculo de Mamá Cabra, inspirado no reciente libro publicado polo grupo “A Bruxa discordia”, unha proposta cargada de mensaxes que inciden en construír un mundo mellor e máis xusto.

|Ficha artística|

  • Gloria Mosquera: Voz, guitarra
  • Tomi López: Baixo
  • Diego Maceiras: Teclado e acordeón
  • Harry Prince: ​Violín
  • Luís Iglesias "Luchi": Actor
  • Pepablo Patiño: guión e dirección

|Ficha técnica|

  • Duración: 55 min. Aprox.
  • Público: especialmente recomendado para nenas e nenos de máis de 4 anos.
  • Técnica: Espectáculo músico - teatral

Actividade organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña

Could be of your interest...