Evento terminado

Bilhetes para As parábolas de Pakolas

As parábolas de Pakolas

Informação adicional

As parábolas de Pakolas

  • 10 nov 2017
  • De €0,00
  • Centro Cívico Municipal Mallos, A Coruña mostrar mapa
Informação do evento

Átención: É necesario que todas as persoas asistentes, tanto as crianzas como as persoas acompañantes, reserven a súa entrada.

“As Parábolas de Pakolas” chega da man de Paco Cerdeira como espectáculo de pequeno formato no que este, “Pakolas”, interpreta en directo unha escolla dos seus temas propios para público infantil, con música xirando en torno ao rock e outros estilos que entusiasman aos cativos e cativas, e con letras sempre axeitadas para os mais pequenos.

O eixo fundamental radica na combinación das cancións coas historias e contos que nelas se recollen, cunha mensaxe final, e que forma así no conxunto, unha fermosa “parábola” musical da que aprender e na que pensar.

Presenta así, nesta actividade, un espectáculo musical de formato individual, para público infantil e familiar, tocando a súa guitarra e interpretando cancións e da súa autoría, de “A Gramola Gominola” e do seu proxecto mais persoal “Pakolas” (Próxima Edición Dec 2017) formando parte estes das propostas musicais para público infantil.

As cancións, vídeos e fotos do espectáculo pódense ver a través das súas canles de Youtube ou na súa páxina web.

Pode ser do seu interesse ...